HomesociedadeMontefurado fai un 'adianto festeiro' do San Miguel

Montefurado fai un ‘adianto festeiro’ do San Miguel

Sen perder a celebración propia do San Miguel no mes de setembro, a veciñanza decidiu semanas atrás facer unha festa aproveitando que estes días hai máis xente na aldea.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A aldea de Montefurado fará festas no mes de agosto adiantando a celebración do San Miguel aos días 4 e 5 deste mes.

Un adianto festeiro que non impedirá, comenta a veciña María Fierro, que en setembro se teña Misa e Procesión na honra do Patrón desta localidade en datas próximas ao día propio, o 29 de setembro.

“Este mes temos máis mocidade e xente“, comenta tamén María como un dos motivos que levou á veciñanza a esta decisión que se tomou as pasadas semanas.

No que respecta ao programa, este venres día 4 de agosto haberá verbena ás 23:00 h. coa Discomóbil Boa Festa; mentres que o sábado 5 terán lugar os actos relixiosos e unha sesión vermú pola mañá e baile e verbena pola noite a cargo da Discomóbil Chic. Este día, o grande e de remate das festas, tamén haberá unha churrascada popular para a veciñanza e achegados/as que se apuntaron previamente.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...