Homesociedade11.000 prazas ocupadas nas lanzadeiras da Ribeira Sacra en 2 semanas

11.000 prazas ocupadas nas lanzadeiras da Ribeira Sacra en 2 semanas

O 70% correspóndense con usuarios da lanzadeira do Mosteiro de Santo Estevo que recibiu unha media de 480 visitantes cada día. O 60% dos mesmos fixeron uso do servizo de lanzadeira (288 usuarios/días).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consorcio de Turismo poñía en marcha unha proba piloto deste servizo de lanzadeiras o 15 de xullo,  en 5 puntos do territorio que rexistran unha elevada afluencia de visitantes e tránsito de vehículos na tempada estival. 

Os 5 novos servizos funcionan gratuitamente todos os días ata o 30 de agosto. Do 15 ao 31 de agosto ocupáronse 11.000 prazas. Tendo en conta que unha porcentaxe moi alta ocupa praza de ida e praza de volta, as persoas usuarias serían 5.900.  

O 70% utilizaron o servizo do Mosteiro de Santo Estevo que recibiu unha media de 480 visitantes cada día. O resto das persoas distribuíronse do seguinte modo nos demais servizos de lanzadeira postos en marcha. A de Monforte de Lemos, Ponte do Sil supuxo o

1.300 persoas fixeron uso das lanzadeiras dos embarcadoiros e de Praia da Cova, distribuíndose do seguinte modo:

  • 55% Monforte de Lemos-Ponte do Sil
  • 30% Castro Caldelas-Abeleda
  • 11 % Escairón-Praia da Cova
  • 4% Monforte de Lemos-Belesar

O embarcadoiro que oferta un maior número de prazas é tamén o que recolle máis da metade dos usuarios que se dirixen ás rutas fluviais. 

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...