HomesociedadeTriacastela celebra a súa IV Festa do Peregrino

Triacastela celebra a súa IV Festa do Peregrino

Será o vindeiro 17 de agosto e no programa destacan os actos relixiosos e a música.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Festa do Peregrino que organiza o Concello de Triacastela chega á súa cuarta edición. Unha celebración que busca homenaxear a  todas e todos os camiñantes que pasan pola vila percorrendo o Camiño Francés ao tempo que pon unha data festiva nesta poboación no mes de agosto.

Este ano será o 17 de agosto e na programación cómpre salientar os actos relixiosos e a música. Ás 11:00 h. haberá unha actividade de música de raíz na Praza do Concello que contará coa presenza de Xabier Blanco da Fundación Legar.

No que respecta aos actos relixiosos están programadas dúas misas, unha ás 13:00 h. na Capela de San Mamede e outra ás 19:00 h. na Igrexa Parroquial de Santiago de Triacastela. Esta última será unha ‘Misa Cantada’ que conta coa participación da Coral Sarricanta.

Xa pola noite, a partir das 21:00 h. haberá unha pancetada popular na Praza do Concello e a continuación verbena amenizada polo grupo Tania Veiras e a charanga sarriana Louband.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...