HomesociedadeA rede de polos de emprendemento asesora máis dun cento de iniciativas...

A rede de polos de emprendemento asesora máis dun cento de iniciativas na provincia

A Xunta leva asesorado case medio milleiro de proxectos na súa Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que actualmente conta con oito centros activos en Galicia que se converterán en quince ao final deste ano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego está dinamizando o territorio a través da creación de emprego de calidade e do asentamento da poboación. Así, presta asesoramento individualizado ás persoas emprendedoras de Galicia en calquera fase que se atope o seu proxecto empresarial, de principio a fin. Nese senso, dos case 500 proxectos asesorados, máis de 400 atópanse activos nestes momentos.

Por provincias, A Coruña supera os 200 proxectos atendidos, entre os que salientan os referidos ao comercio e á agricultura, seguidos dos educativos ou relacionados con actividades sanitarias e de servizos sociais. En Lugo, superan o cento de iniciativas, de sectores como a hostalaría, o comercio ou as actividades artísticas e de entretemento.

Mentres, en Pontevedra aproxímanse ao cento de proxectos, relativos ao comercio ou á agricultura e gandaría. Por último, en Ourense achéganse tamén ás cen iniciativas, principalmente destinadas á hostalaría, ao comercio ou ás actividades artísticas e recreativas.

Actualmente, están operativos oito polos: Costa da Morte, Rías Altas e Arco Ártabro, A Mariña, Montaña Lucense, Lugo Sur, Pontevedra Norte e Rías Baixas, Miño Central e Ourense Centro e Sur. O obxectivo é convertelos en verdadeiros centros de dinamización dos territorios nos que se asentan, erixíndoos en auténticos foros de interlocución que permitan recoller as demandas da súa poboación e dar resposta desde a Administración coa colaboración do sector privado. Nesa liña, a final de ano a Rede estará conformada por quince polos, que cubrirán o cen por cento do territorio galego.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...