HomesociedadeAberto o prazo de matrícula nunha nova tempada de actividades municipais na...

Aberto o prazo de matrícula nunha nova tempada de actividades municipais na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón abre o prazo de matrícula nas actividades para o novo curso 2023-24, que comezarán o día 1 de setembro. Ofértanse clases para adultos de ximnasia, ioga, pilates, zumba, baile de salón e manualidades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A matrícula debe facerse de xeito presencial na Biblioteca municipal ou nas oficinas de Servizos Sociais (Casa da Cultura ‘Olga Novo’), en horario de 9:00 a 14:00. Este ano, os pagos serán domiciliados polo que é necesario presentar o número de conta bancaria a hora de facer a matrícula.

As actividades están abertas tanto a persoas empadroadas como non empadroadas, aínda que as primeiras terán prioridade. Os prezos tamén varían: actividades dun día á semana, 15€ ao mes para persoas empadroadas e 20€ ao mes para non empadroadas. Para as actividades de dous días á semana, 20€ ao mes para persoas empadroadas, ou 25€ ao mes para non empadroadas.

Sobre a subida de prezos con respecto a anos anteriores, o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, comenta: “Os prezos levaban sen modificarse dende 2009. Aínda co incremento, as actividades seguen a estar subvencionadas polo Concello, resultando nunha media moi baixa duns 3 euros por clase.” Maceda conclúe: “Era unha medida imprescindible para manter de xeito sostible unha oferta variada e de calidade, pensando sempre no benestar e na saúde da veciñanza da Pobra do Brollón.”  

Na páxina web do Concello da Pobra do Brollón pódense consultar os horarios das actividades e máis detalles da oferta (http://www.concellodapobradobrollon.gal/gl).

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...