HomesociedadeBingo e campionatos de cartas para dinamizar o centro social de Quiroga

Bingo e campionatos de cartas para dinamizar o centro social de Quiroga

Dende a concellería de Servizos Sociais impulsáronse neste mes, distintas actividades de lecer activo orientadas a fidelizar e atraer xente ao local social, favorecendo a relación veciñal e a mellora das capacidades cognitivas das persoas participantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Social de Quiroga celebrará o vindeiro xoves, 31 de agosto, un Campionato de Brisca que poñerá fin ás tres actividades que vén desenvolvendo na segunda quincena de mes. Ata o mesmo día estará aberta a inscrición na cafetería do Centro Social e a partir das 17:00 h. celebraranse as partidas deste popular xogo de cartas. Quen gañe, dúas persoas, levarán de premio cadanseu menú no restaurante O Ferreiriño, e os subcampións cadansúa botella de viño cortesía da Bodega EDV.

O pasado día 17 celebrouse Campionato de Tute con gran éxito de participación. Os premios consistiron en menús no restaurante Aroza para a parella gañadora, e 2 botellas de viño da Adega Casa de Outeiro para os finalistas. E o día 24 celebrouse un Bingo. Os premios foron dous menús no restaurante A Botica para os primeiros que cantaron bingo e para os primeiros que cantaron liña, dúas botellas de viño da adega local Lar de Ricobao.

ÚLTIMAS

O Correlingua comeza en Monforte con estudantes de oito centros educativos

A deputada de Cultura Iria Castro participou este mércores no acto, que reuniu alumnas...

O sector turístico de Chantada fórmase en astroturismo cunhas xornadas que se celebran o 19 de maio

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada organiza para o martes, 19 de maio,...

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...