HomesociedadePresentada en Monforte a ‘Edición final’ do Festival do Paradiso

Presentada en Monforte a ‘Edición final’ do Festival do Paradiso

Nunha rolda de prensa deuse conta da programación que se desenvolverá o sábado 2 de setembro lembrando que será a última edición dun festival que sempre se caracterizou polo seu carácter social e asociativo, ademais da súa gratuidade.

Publicado o

- Advertisement -

A presentación do evento tivo lugar no local social de Náufragos do Paradiso, na Rúa Roberto Baamonde de Monforte de Lemos, como acto simbólico polo que representa este lugar para a asociación.

Como comezo, e antes de presentar o cartel, a entidade trasladou agradecementos ao Concello de Monforte e á Deputación de Lugo, así como a todas e todos aqueles voluntarios/as e comercios locais que teñen colaborado co festival nos anos que se vén realizando.

Como autoridades estivo presente a concelleira de cultura do concello de Monforte, Marina Doutón, algúns medios de comunicación e membros/as da directiva de Náufragos do Paradiso.

PRESENTACIÓN DE CARTEL

A organización, no que respecta á presentación do cartel, salientou a variedade musical deste ano e que, ao ser a derradeira edición, quíxose que fose un “festival de amigos”. Moitas bandas que tocan son de Monforte e con iso queren agradecer que estiveran sempre apoiando o evento.

Esas bandas que estarán no cartel son Malenne, Mitocondrias, Cero2Cero, A Cadela Asasina, Baturruka Monforte e como prato forte este ano estará presente o primeiro grupo internacional do festival; trátase do Mundo de Sofía, unha banda cubana que chega a Galicia e fai a súa presentación en Europa actuando en Monforte. “Para nós é un auténtico pracer contar con este estreno en Monforte”, comentaban dende a organización.

Malenne. Foto: Emilio Romanos.

Continuando coa programación detallouse que nesta décima edición haberá sesión vermú e xantar popular cunha novidosa zona Chill-Out e unha ampla presenza de DJ como: Darius Weis, Eros Marez, El Niche, Gery, Jufra ou La Toña Jackson.

No que se refire ás actividades paralelas comentouse que haberá un ‘Aberto de Billarda’ para poñer en valor este xogo tradicional e o traballo que está a realizar dende hai xa moitos anos a entidade O Baral da Mariña lucense.

Será o sábado ás 17:00 h. no campo de terra dos Escolapios, con acceso libre e de balde. Xente das asociacións O Varal e O Castiñeiro Milenario darán soporte a este encontro-obradoiro con material e información no que se espera unha importante participación.

O festival contará cun Punto Lila que fai posible a asociación FemForte, e o lugar onde se desenvolverá –agás o aberto de billarda– será o Parque dos Condes a partir das 12:00 h. do sábado 2 de setembro.

VALORACIÓNS FINAIS

Marina Doutón agradeceu o traballo da organización do evento nestes anos poñendo en valor tamén o crecemento que foi tendo o festival nestes anos. Comentou ademais que “é unha mágoa que isto remate aquí pero esperemos que alguén o consegue continuar”, e engadiu como final da súa intervención “anímovos a que, se é posible, enganchedes novas xeracións para que isto poda continuar”.

Amaro, membro da entidade, comentaba rematando o acto que o problema fundamental para a continuidade do principal evento da entidade, que é este festival, é a falta de recursos humanos para poder botalo adiante. Isto, insisten dende a asociación, non é un punto final para o colectivo monfortino; a idea é que a partir do 3 de setembro comece unha nova etapa, de reflexión… co obxectivo de atraer xente que se achegue á entidade, propoña actividades e sexa posible tirar adiante actividades da envergadura do Festival do Paradiso.

Presentación do festival no local social da entidade. Foto: Némesis Audiovisual.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...