HomesociedadeOs paseos en barca polo río Cabe seguen en setembro con cambio...

Os paseos en barca polo río Cabe seguen en setembro con cambio de horarios

Durante todo o mes de setembro o río Cabe continuará acollendo a actividade, Paseos en Barca polo río Cabe, pero cun novo horario, con respecto ós meses de xullo e agosto. De luns a venres, de 17:00 a 21:00 h. Sábado, domingo e festivos, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o concello de Monforte destacan que hai diversos aspectos que contribúen a que esta actividade sexa importante: a súa relevancia na recuperación do río Cabe e a súa contorna como elemento patrimonial de primeira orde en Monforte, o seu papel de acontecemento dinamizador de actividade a carón do río e o fomento que supón para manter vivo o amor pola rica tradición fluvial. E tamén é unha actividade que fomenta o deporte, ó ser os propios usuarios os que exercen de remeiros nas barcas.

Así, en setembro poden seguir alugándose barcas de paseo no embarcadoiro do Parque dos Condes, cunha duración de media hora a un prezo de 3,25 euros:

  • Luns a venres, tardes de 17:00 a 21:00 h.
  • Sábado, domingo e festivos, mañás de 11:00 a 14:00 h e tardes de 17:00 a 21:00 h.

ÚLTIMAS

“Cuando el Camio Mata” do escritor berciano, Pepe Gómez Sandes, preséntase este venres en Sarria

Sarria acolle este venres, 23 de outubro, a presentación de «Cuando el Camino Mata»,...

A xeoloxía do Xeoparque Montañas do Courel protagonista no encontro ‘Camiños de Ciencia’

Quiroga acollerá este venres 23 de outubro a terceira parada de Camiños de Ciencia,...

Quiroga celebra o 23 de outubro con “Estrelas galegas da ciencia”

“Estrelas galegas da ciencia” é unha actividade e espectáculo de animación á lectura vinculado...

Monforte celebra o 31 de outubro o Mercado de Outono

O evento terá lugar o vindeiro sábado, 31 de outubro, na Praza de Abastos...