Homesociedade160.000€ para a renovación de dúas estradas provinciais do Saviñao

160.000€ para a renovación de dúas estradas provinciais do Saviñao

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo acordou este venres adxudicar a rehabilitación do firme de dúas estradas da rede viaria provincial ao seu paso polo concello Saviñao por preto de 160.000€. Os traballos que afectan a máis de 11,5 quilómetros, levaranse a cabo na LU-P-5807, de Lamaquebrada a Montecelo, e na LU-P-5808, que une a LU-P-3202 coa LU-P-4102 por Valiñocobo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A LU-P-5807 será renovada nos seus primeiros 6,415 quilómetros cun orzamento de máis de 60.500 euros, mentres que a LU-P-5808 rehabilitarana desde o inicio ao momento quilométrico 5,125 cun investimento que rolda os 100.000 euros. A empresa adxudicataria é Fevisa Vías e Obras.

Así, os traballos consistirán na reapertura de cunetas, a reparación do estado do firme e o asfaltado da superficie para mellorar a circulación e aumentar a seguridade dos usuarios que utilicen esta vía provincial.

Desta forma, a mellora destas vías beneficiará ao sector turístico e vitivinícola da zona e ademais por unha banda dela pasa o Camiño de Santiago de Inverno, así como o sector gandeiro e agrícola.

ÚLTIMAS

O paro aumentou en setembro 131 persoas na zona centro sur da provincia

Desde o Sindicato ven con preocupación o aumento con respecto ao mes de agosto,...

O IES Río Cabe de Monforte proclámase, no Palacio da Bolsa de Madrid, campión de España de Educación Financeira

O IES Río Cabe de Monforte de Lemos proclamouse este luns campión de España...

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...