Homesociedade"Dando grazas á vida", 1º curso de 1960 na Escola Industrial de...

“Dando grazas á vida”, 1º curso de 1960 na Escola Industrial de Monforte

Un ano máis os alumnos do 1º curso de 1960 na Escola Industrial de Monforte celebraron o seu encontro de confraternidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha comida nun restaurante de Monforte permite a este grupo de exalumnos verse e intercambiar experiencias, como fixeron por primeira vez hai 63 anos.

“Poder compartir este evento sempre é un momento entrañable e alegre. Non sabemos cuantos alumnos noutros cursos e disciplinas teñen a alegría de celebrar un aniversario tan elevado en anos”, aseguran.

O día, como sempre, coa alegría e sorrisos que dá verse de novo, excepto a mágoa de que algúns non puideron asistir por situacións persoais e lembráronos con agarimo e coa confianza en atoparse no encontro do vindeiro ano. “Xa, nas nosas idades, poder ter estas vivencias é un dar grazas á vida”, conclúen.

1º curso de 1960 na Escola Industrial de Monforte, encontro 2023 / AAP

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...