HomesociedadeComeza a 2ª fase da mellora na rede de saneamento de Monforte,...

Comeza a 2ª fase da mellora na rede de saneamento de Monforte, cun investimento de 1,8M€

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, presentaron este luns o inicio da 2ª Fase das obras de mellora na rede de saneamento urbano de Monforte, correspondentes ó proxecto de actuacións que a CHMS executará en varios colectores da cidade: na galería baixo a Praza da Compañía e na rúa Carude, no colector das Malloadas e rúa Concepción Arenal, na rúa Rosalía de Castro e no Morín, na rúa Doutor Casares e na prolongación de Xoan Montes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No pleno da corporación municipal celebrado o pasado 27 de febreiro de 2023, foi aprobado o Proxecto Construtivo correspondente a estas actuacións. Previamente realizouse unha análise do estado da rede e a EDAR actuais. Estes estudos propuxeron a execución de varias actuacións de mellora nas infraestruturas existentes e foron integramente trasladadas ó Programa de Redución da Contaminación (PRC) redactado polo Concello de Monforte de Lemos.

Estas obras, cofinanciadas ao 80% pola CHMS e 20% o concello de Monforte, teñen como obxectivos principais, por un lado, a redución de augas brancas que se incorporan á rede de forma irregular por deficiencias construtivas e do estado de conservación dos pozos e dos colectores e por outro, levar a cabo reparacións estruturais da rede nas rúas mencionadas que precisan dunha intervención mais urxente. Nunha primeira fase actuouse nas rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijoó.

“Estamos a falar dunha inversión total nestes 3 últimos anos de case 4.000.000 € co obxectivo de mellorar o mal estado da rede secundaria, a eliminación de infiltracións e das entradas incontroladas de augas limpas que producen saturación na EDAR, así como a mellora da rede xeral que co desdobramento garantirá que a cidade non poida quedarse sen subministro de auga” salientou José Tomé, “é a primeira vez na historia da cidade, que se acomete un plan de acción desta envergadura e importancia”.

Ademais das actuacións en colaboración coa CHMS, o Concello ten en marcha outro proxecto fundamental para mellorar o saneamento da cidade, como é a instalación da nova tubería xeral de fundición na rede de abastecemento de auga, entre os depósitos do Cornado e os depósitos de San Vicente, que ten un investimento de 1,7M€, e que foi froito das negociacións do alcalde coa empresa FCC Aqualia S.A.

Accións proxecto de mellora II fase

1. Reparación do colector de Malloadas.

Tras apreciarse un caudal circulante excesivo, implantarase unha nova estación de bombeo de augas residuais e instalarase un pozo de bombeo prefabricado na ubicación do pozo de rexistro actual, para conducir as augas a outro ramal da rede de saneamento. Déixase prevista unha partida para reparar o colector existente e actuarase repoñendo os firmes que resulten afectados.

2. Limpeza e reparación do interceptor na zona dos Escolapios.

Levarase a cabo unha limpeza da antiga galería existente baixo a Praza da Compañía e que se prolonga pola Rúa Carude mediante equipos mixtos de succión-expulsión. No encontro da Rúa Carude e a Praza da Compañía, detectouse unha zona onde se desmoronou a antiga galería, polo que se procederá á súa reparación mediante a colocación dunha nova tubaxe de PVC (diámetro 1.200mm). Na praza da Compañía fronte á Oficina de Rehabilitación levarase a cabo a reparación dun pozo que pode infiltrar ó terreo augas residuais e colocaranse dúas arquetas rebaixando o fondo en 50 cm para que poida actuar como areneiro ou decantador para previr depósitos na galería. Como nesta zona se concentran as descargas de importantes cuncas da marxe esquerda do río, vanse desviar os aportes da rúa Escultor Francisco Moure por un novo colector hasta a arqueta de reunión AR-1 simplificándose o funcionamento desta zona.

3. Mellora das condicións de desaugue da zona do Parque dos Condes

Neste caso, levarase a cabo a execución parcial das actuacións inicialmente previstas de execución dun pozo areneiro e a conexión da rúa.

4. Rúa Doutor Casares-Morín.

Na rúa Doutor Casares, levarase a cabo a renovación dos colectores de saneamento existentes ó final da rúa Dr. Casares (entre a gasolineira e o Cruce con Río Seco) mediante novos tubos de PVC (630mm). Instalarase unha nova tubaxe e todas as acometidas tanto de pluviais como de residuais que irán conectadas ós novos pozos de rexistro. Renovaranse os imbornais dispoñendo uns novos con sifón para evitar posibles olores da rede unitaria. Finalizadas as obras repoñeranse os bordillos, pavimento das aceras, sinalización vertical e alumeado público. Ademais procederase ao fresado da capa de rodadura da calzada.

5. Rúas Rosalía de Castro e Concepción Arenal.

O proxecto de mellora levou a cabo o deseño dunha rede separativa nas dúas rúas. Instalaranse así novos colectores substituíndo á condución unitaria. Na rúa Concepción Arenal instalarase un separador hidrodinámico como dispositivo de tratamento das augas pluviais que dará saída ás pluviais ao río Seco.

6. Reparación de pozos na prolongación da rúa Juan Montes.

Nas obras de mellora da rede levadas a cabo nas rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Xoán Montes e Padre Feijoo, certificouse a imposibilidade de reparar cinco pozos de rexistro (JM25,JM33,JM31,JM34 Y JM36) e a través do presente proxecto de mellora vanse demoler e proceder á súa substitución por pozos prefabricados de formigón armado. Estas actuacións levaranse a cabo no lugar de O Campo (prolongación da rúa Juan Montes).

ÚLTIMAS

Preséntase o proxecto para a urbanización da Zona D

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada,...

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...