HomesociedadeO concello da Pobra do Brollón recomenda non consumir auga da billa...

O concello da Pobra do Brollón recomenda non consumir auga da billa e busca solucións ante a presenza de lodo

As choivas torrenciais dos últimos días, unidas ao estado do monte tras os incendios do ano pasado e as consecuentes sacas de madeira, provocaron arrastres que están a encher de lodo os ríos Loureiro e Lor, que abastecen de auga a gran parte do municipio da Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello da Pobra do Brollón vén de emitir dous bandos nos que se recomenda, ata novo aviso, non consumir a auga da billa nas zonas de Barxa de Lor, Pereiro, Domiz, Recemunde, Tudriz, Martul, Vilardeperas, Lamaigrexa, Castroncelos, Vilarmao, Piñeiros, A Estación, Cereixa, Abrence, Frieira, Pinel e A Pobra do Brollón. Tamén estaban indicadas Eixón e Fornelas, pero actualmente xa non son zonas afectadas. 

‘O noso concello é vítima dunha situación derivada dunha grave crise medioambiental provocada polos grandes incendios vividos o verán pasado,’ declara o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda. ‘É previsible que nos vindeiros días coa amaina da choiva, mellore o estado da auga; pero esta situación seguramente se vai repetir ao longo do outono-inverno.’ 

Maceda aclara que está en conversa con outras institucións para tratar de arranxar a situación, entre elas, co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. O rexedor tamén acordou coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a visita dun técnico para avaliar a situación e propoñer posibles solucións.  

Entrementres, dende a área de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón, ponse en marcha un servizo de reparto de garrafas de auga ás parroquias afectadas, especificamente, aos usuarios de Axuda no Fogar e a aquelas casas onde viven persoas de colectivos vulnerables, atendendo a criterios económicos, de mobilidade ou de falta de rede de apoios. Dende Servizos Sociais apuntan que veciñas ou veciños nesa circunstancia de vulnerabilidade dos que non teñan coñecemento nas oficinas, poden contactar para que a súa situación sexa avaliada.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...