HomesociedadeO comercio asociado de Chantada celebra o 'Día do Neno'

O comercio asociado de Chantada celebra o ‘Día do Neno’

Será este venres 15 de setembro no Parque Eloísa Rivadulla a partir das 17:00 h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra quere ter un detalle coa cativada aproveitando estas datas na que comezaron as clases. Para iso, e como ten feito en anos anteriores, organiza unha festa na que non faltarán inchables, lambetadas, música e unha Festa da Escuma.

Será este venres 15 de setembro no Parque Eloísa Rivadulla entre as 17:00 e as 20:00 h. e para acceder a todas as actividades que se ofrecen será preciso presentar un ‘pasaporte’ selado, como mínimo, por 5 negocios asociados de Chantada.

Obradoiros no ‘Día do Neno’ 2022. Foto: Asoc. de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra.

A actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia, Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, colaborando tamén o propio Concello de Chantada.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...