HomesociedadeO 27 de setembro remata o prazo para solicitar o programa "Madrugadores"...

O 27 de setembro remata o prazo para solicitar o programa “Madrugadores” en Quiroga

O servizo vai dirixido a pais que traballen nese horario e que precisen atención para os seus fillos antes da entrada do colexio. Como recalcou a concelleira de Educación e Infancia, Mayte Pérez Grao, “o servizo nace da necesidade de conciliar a familia e o traballo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa Madrugadores do concello de Quiroga conta con 25 prazas. Desenvolverase nas instalacións do ximnasio do Colexio de Educación Infantil e Primaria -cedidas para este fin polo centro educativo- entre as 8:00h. e as 9:45h.

Unha monitora encargarase de realizar actividades lúdicas cos nenos que deberán acceder ao patio do centro educativo chamando ao timbre da porta pequena para que lles abra o conserxe.

O servizo que se levará a cabo todos os días lectivos, ten un custo que pode ser mensual (30€) ou por días soltos (5€ por día), tendo desconto por irmáns (5€).

Os pais interesados deben cubrir un formulario de solicitude de praza que está dispoñible no CEIP de Quiroga e na páxina web do centro educativo e entregalo antes do 27 de setembro. Ao día seguinte sairá a lista definitiva de admitidos.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...