HomesociedadeCáritas estrea nova sede en Sarria

Cáritas estrea nova sede en Sarria

Ás novas dependencias trasládanse os servizos que Cáritas ofrece no municipio de Sarria: acollida, orientación laboral, asesoría xurídica e aulas para impartir cursos de formación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cáritas en Sarria, celebrou no Día Mundial do Alzheimer a apertura da súa nova sede. No acto inaugural participou, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, que destacou o papel “imprescindible” que xoga esta entidade na loita contra a pobreza e a exclusión social. Afirmou que neste cometido “seguirá contando co apoio da Xunta, para garantir a viabilidade dos seus proxectos”.

Arias afirmou que o Goberno galego seguirá traballando “para garantir a atención a persoas en situación vulnerable” e subliñou o incremento no orzamento adicado a inclusión, que este ano subiu nun 25% ata chegar aos 150 millóns de euros.

“De xeito especial a Xunta reforza a alianza coas entidades sociais”, dixo, con medidas como unha orde de axudas dotada este ano con 19,7 M€ para financiar os programas, centros de acollida, comedores sociais e demais servizos que poñen a disposición dos colectivos máis desfavorecidos.

No caso de Cáritas, o delegado fixo fincapé “a colaboración continuada” da Adminstración autonómica para desenvolver as súas iniciativas en favor da infancia, das familias e das persoas con menos recursos. Así, o ano pasado Cáritas Lugo obtivo 702.500 euros das axudas da Consellería de Política Social e Xuventude con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF para executar en 2023. Da contía total, 376.500 son para destinar á área de inclusión.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...