HomesociedadeExhibición das unidades da Garda Civil este 27 de setembro no estadio...

Exhibición das unidades da Garda Civil este 27 de setembro no estadio da Ribela de Sarria

O estadio municipal da Ribela acollerá este mércores, 27 de setembro, entre as 10.30 e as 12.30 unha exhibición dos recursos e o funcionamento de diferentes unidades da Comandancia da Garda Civil de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na demostración ante máis de 600 escolares participarán o helicóptero do servizo aéreo, a unidade de drons, o grupo de montaña e a unidade canina, entre outros departamentos.

Esta demostración enmárcase no Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e a súa Contorna e diríxese ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, aos que os axentes explicaranlles os medios técnicos, os obxectivos e as funcións de cada unidade.

Ademais da Garda Civil, nesta exhibición tamén participarán efectivos da Cruz Vermella e da Policía Local de Sarria

ÚLTIMAS

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...

O PP de Monforte urxe a mellora inmediata da conexión da N-120 co Polígono do Reboredo

A voceira popular, Katy Varela, denuncia que o firme se atopa nun estado “totalmente...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...