HomesociedadeA asociación de comerciantes de Taboada celebra o seu 25 aniversario

A asociación de comerciantes de Taboada celebra o seu 25 aniversario

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este sábado aos actos de celebración do 25 aniversario da Asociación de Comerciantes e Industriais de Taboada (ACIMTA).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A celebración tivo lugar no restaurante Urdi de Taboada. García Porto deulle os parabéns ao colectivo e desexou que continúe coa seu importante labor para fomentar a actividade económica e social do concello.

A Deputada subliñou que a institución provincial ten precisamente como un dos eixos centrais do seu traballo colaborar co tecido asociativo, como fixo con ACIMTA para organizar o Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra Raizames ou o mercadiño Petiscos de Nadal.

Así mesmo, felicitou á nova directiva que se elixiu tamén este sábado.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...