HomesociedadeMonforte celebra o Día da Policía Nacional, que recoñeceu cun diploma a...

Monforte celebra o Día da Policía Nacional, que recoñeceu cun diploma a colaboración institucional do concello

Os actos con motivo do Día da Policía Nacional deron comezo ás 12.00 horas, coa celebración litúrxica da festividade dos Santos Anxos Custodios na igrexa da Régoa, na que se fixo unha ofrenda ós caídos mediante a colocación dunha coroa de loureiro ó Santo Anxo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os actos conmemorativos do Día da Policía Nacional, festividade dos Santos Anxos Custodios celebráronse na mañá deste luns contando coa participación do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca e outros membros da corporación; o novo Inspector Xefe da Comisaría de Policía, Tomás García e a Xuíza Decana dos Xulgados de Instrución de Monforte, Mónica Ferreiro

Posteriormente celebrouse no centro do viño da Ribeira Sacra, o acto institucional no foron impostas condecoracións a diversos funcionarios e entregouse un diploma de recoñecemento e de colaboración institucional. Este recoñecemento entregóuselle este ano ao concello de Monforte e ao seu alcalde, “pola súa continua e atenta colaboración con esta Comisaría de Policía, culminada coa cesión ó Ministerio do Interior do edificio da antiga Casa de Socorro, futura nova Comisaría de Policía de Monforte de Lemos”.

Recoñecementos tamén ao subinspector Manuel Rodríguez Rodríguez, con motivo da súa xubilación. E o alcalde impúxolle a Medalla do Mérito Policial con Distintivo Blanco ó policía José Ramón Suarez Rojas.

Tomé Roca rematou felicitando ó Inspector e ós axentes da Policía Nacional de Monforte polo seu excelente traballo desenvolto ó longo do verán, e especialmente durante as pasadas Festas Patronais de agosto, e resaltou que “grazas á cooperación co corpo da Policía Nacional de Monforte, podemos dicir que o noso é un Concello tranquilo e cun baixo nivel de delincuencia. Pero iso non significa que teñamos que baixar a garda ou que non teñamos algún caso que nos preocupe. Debemos seguir traballando conxuntamente para poder manter eses bos datos de baixa delincuencia, e acadar así unha cidade tranquila e segura para os nosos veciños e veciñas”.

O mandatario monfortino concluíu desexando que as condicións na prestación do servizo sexan as mellores posibles, e recordou que “fixen todo o posible para que Monforte teña a Comisaría de Policía que se merece. O edificio para albergala xa está cedido, e agora hai que levar a cabo as obras necesarias para facer realidade o desexo de todos, que é ter unha nova Comisaría en Monforte. Dende o Concello xa demos a licencia e agora xa depende da Secretaría de Estado”.

ÚLTIMAS

Convenio de colaboración entre o Xeoparque Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel e o Colexio Oficial de Biólogos...

Concerto de acordeón no ciclo ‘Primavera Musical’ en Sober

Os amigos e amigas da música instrumental teñen o vindeiro 25 de maio unha...

O concello de Monforte requerirá a Aqualia para dar solucións integrais aos problemas de Escultor Francisco Moure e Reboredo

O contrato do concello de Monforte con Aqualia naceu no 2001, "xa dende o...

Unha nova xornada do ‘Marida Maio’ no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Este xoves, 22 de maio, terá lugar ás 19:30 h. a segunda xornada da...