HomesociedadeSetembro deixa 47 parados máis en Monforte, CCOO esíxelle a Tomé convocar...

Setembro deixa 47 parados máis en Monforte, CCOO esíxelle a Tomé convocar o CES

Na comarca de Lemos o paro descende en setembro en todos os concellos, excepto en Monforte, que acumulou o 39% do paro de toda a provincia e o 162% da comarca Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

CC.OO. esíxelle ao alcalde de Monforte, José Tomé, que convoque o Consello Económico e Social canto antes “para debater con todos os axentes Socio Económicos un plan de emprego dado os desastrosos datos do paro do mes de setembro só superado pola capital.” Así o paro en Lugo Centro Sur durante o mes de setembro arroxa un incremento de 56 persoas aumentando en todas as comarcas e en particular no concello de Monforte. O total de parados nesta área é de 2.908 persoas (+56).

Paro comarca de Lemos — 1374 (+16):

  • Bóveda —40 (-10)
  • Pantón —79 (-5)
  • A Pobra do Brollón — 62 (-1)
  • O Saviñao —119 (-7)
  • Sober — 67 (-8)
  • Monforte de Lemos — 1007 (+47)

Paro comarca de Quiroga — 210 (+9):

  • Folgoso do Courel —41 (+4)
  • Ribas de Sil — 34 (+1)
  • Quiroga — 135 (+4)

Paro comarca de Chantada — 513 (+4):

  • Carballedo —65 (+6)
  • Taboada —87 (-3)
  • Chantada —361 (+1)

Paro comarca de Sarria — 811 (+24):

  • O Incio — 43 (+4)
  • Láncara —85 (+10)
  • Paradela —18 (=)
  • O Páramo — 30 (=)
  • Samos —30 (-4)
  • Sarria —591 (-9)
  • Triacastela — 14 (+5)

Na comarca de Sarria, só a capitalidade e Samos sálvanse, polo sector turístico. “Sarria está a sufrir un declive coa perda de moitos empregos na empresa INELCON, xa que era o estándarte da comarca, xunto con Cementos e Magnesitas de Rubián con empresas estables e de calidade,” destaca o sindicato.

A secretaría de acción sindical CC.OO. Lugo lamenta que empresarios da hostalería obriguen a traballadoras a realizar xornadas de 12–14 horas sen ningún tipo de remuneración “co agravante de malos tratos verbais e psicolóxicos. CC.OO. LUGO puxemos os feitos en mans da inspección de traballo e o xulgado do social. Así como á Residencia Domusvi, por vulneración dos dereitos dos traballadores.”

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...