HomesociedadeA A.V. do Saviñao reclama a creación inmediata de vivenda pública para...

A A.V. do Saviñao reclama a creación inmediata de vivenda pública para o municipio

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Alcaldía e aos partidos da corporación coa finalidade de que se valore a necesidade de vivenda pública no municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación destaca que nos últimos anos fíxose patente o incremento na demanda de vivenda no municipio, “Por unha parte recibiuse un considerable número de inmigrantes que achegan familias enteiras coa intención de traballar e vivir no noso concello. Doutra parte, son moitas as parellas e mozos que buscan vivenda aquí e non a atopan, tendo que marcharse aos municipios veciños de Chantada e Monforte para conseguila.”

Considera a asociación veciñal que este éxodo está mermando aínda máis a poboación dun municipio que nos últimos catro anos perdeu máis de 500 habitantes.

Segundo a asociación, no Saviñao non existe unha oferta de vivenda que dea cuberto as necesidades actuais. Considera que a sitación agrávase coa caída poboacional, “que pon en risco a pervivencia do concello e fai urxente e imprescindible a inmediata actuación da administración local.”

Así reclaman a equipo de goberno e oposición que valoren de xeito serio e consensuado a creación inmediata de vivenda pública en resposta á demanda urxente da poboación, “que non se subsana coa oferta existente de vivenda en aluguer ou propiedade, que é insignificante.”

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...