HomesociedadeVisita para visibilizar a D.O. Ribeira Sacra en Europa

Visita para visibilizar a D.O. Ribeira Sacra en Europa

Un grupo de cinco comunicadores de diferentes países de Europa, coordinados pola Unión Española de Catadores a través do proxecto europeo, "A Shared Passion", da Organización Interprofesional do Viño de España (OIVE); visitaron esta semana a D.O. Ribeira Sacra. Este tipo de encontros tratan de potenciar o coñecemento e visibilidade de España como país vinícola.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os comunicadores Simon Stafler (Austria), Antonhy de Beir (Paises Baixos), Anniina Schriner (Finlandia), Signe Meirane (Letonia) e Rowena Dumlao (Italia) asistiron no Centro do Viño da Ribeira Sacra a unha presentación da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e posterior Túnel do Viño. Cataron 14 viños de 14 adegas, viños novos, en barrica, Godellos, Mencías e outras variedades como Merenzao.

Destacaron as ganas que tiñan de visitar Ribeira Sacra, despois de escoitar falar da viticultura heroica e probar algún Mencía. Nesta ocasión tiveron oportunidade de probar viños moi distintos e aseguraron que lles impresionara a frescura e lixeireza; o mesmo que variedades como o Godello, á que dixeron non estar afeitos.

Tras a xornada de mañá, pola tarde achegaríanse a viñas e adegas da D.O. Ribeira Sacra e mostrábanse impacientes por continuar a visita. Os cinco catadores estiveron acompañados polo responsable de promoción internacional e pola directora de marketing da OIVE.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...