HomesociedadeCurso de dixitalización no agro en Chantada

Curso de dixitalización no agro en Chantada

Está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas, e pensado para mellorar as habilidades coas novas tecnoloxías de comunicación. Comezará o vindeiro 9 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Baixo o suxestivo título de “Curso de Dixitalización no agro, preparándonos para a que nos vén enriba”, o Sindicato Labrego Galego e COAG organizan unha formación destinada a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas que se celebrará os días 9, 10, 23 e 24 de outubro no local que o SLG ten en Chantada (Rúa Emilia Pardo Bazán, 11 Baixo).

As clases impartiranse en horario de 15:30 a 18:30 h., e segundo indican dende a organización, aínda queda algunha praza libre. As persoas que teñan interese poden anotarse enviando un correo electrónico ao enderezo chantada@sindicatolabrego.gal ou chamando aos teléfonos 982 440804 ou 666935548.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...