IniciosociedadeUn programa de lecer espectacular para celebrar o 22º aniversario do C.C....

Un programa de lecer espectacular para celebrar o 22º aniversario do C.C. Ponte Vella

A oferta que presentaron dende a xerencia dinamizará o complexo comercial todas as fins de semana e a ponte do Pilar ata o 21 de outubro. Haberá actividades dirixidas ao público infantil, xuvenil e para toda a familia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Para conmemorar o 22º Aniversario da súa inauguración, o Centro Comercial Ponte Vella aposta por un programa especial de lecer e entretemento cunha oferta que dinamizará o complexo comercial todas as fins de semana e a ponte do Pilar ata o 21 de outubro. Haberá actividades dirixidas ao público infantil, xuvenil e para toda a familia.

TALLERES INFANTÍS, DE LECER DIXITAL E DE EXPRESIÓN ARTÍSTICA

Todos os xoves, venres e sábados (agás o xoves 12) desenvolveranse os Talleres Infantís Ponti na parte baixa do complexo comercial, en horario de 18 a 20:30 horas. Tamén o Gaming estará presente os venres e os sábados, ata o 21 de outubro (agás o venres 13), en horario de 16.30 a 20:30 horas. Con esta actividade as e os amantes dos vídeos xogos dispoñerán no segundo andar dun espazo especialmente habilitado no que haberá unha zona para xogo libre con videoconsolas (Nintendo Switch e Sony PS5). Ademais, celebraranse torneos cos famosos videoxogos de Nintendo (Mario Kart, Nintendo Sports, …), PlayStation 5 (EA Sports FC 24) e competicións de xogos mobile como Clash Royale. Os torneos desenvolveranse en formato aberto e por roldas, polo que non será necesaria unha inscrición previa, chegará con pasar pola caseta da organización.

Tamén no segundo andar, venres e sábados ata o 21 de outubro e no mesmo horario (de 16:30 20:30 h.) desenvolveranse talleres de lecer dixital para toda a familia para introducir aos maiores nesta modalidade de lecer promovendo así que os pais poidan compartir ese tipo de lecer cos seus fillos garantindo unha contorna guiada e máis segura.

O programa especial de lecer e entretemento completarase con talleres de expresión artística de carácter educativo e familiar o mércores 11 e o venres 13 nas terrazas do Centro Comercial en horario de 18:30 a 20:30 horas. Durante esas dúas horas monitores especializados ensinarán a utilizar recursos como o freestyle (habilidade de rapear de forma improvisada, con ou sen micrófono), literarios, de control emocional, de sensibilización fronte ao bullying e de hábitos saudables dirixidos a todos os membros da familia.

C.C. Ponte Vella. Foto: web CC P.V.

ESCAPE ROOM, MAXIA, FESTA INFANTIL E SORTEOS

O venres 13, de 16:30 a 20:30 horas, haberá tres sesións de Escape Room nas que poderán participar varios grupos de entre 6 e 10 persoas cada un. A aventura elixida é “O Legado de Verne”, un dos poucos modelos deste xogo que aúna o mundo físico e o virtual para resolver un gran misterio. Ese mesmo venres 13, o segundo andar do C.C. Ponte Vella acollerá, a partir das sete da tarde, un Show de Maxia a cargo de Dani Polo co seu espectáculo “Maxia ao grande”. O sábado 14 de outubro os pequenos e pequenas poderán participar na Festa Infantil que se celebrará no mesmo espazo referido, de 17:00 a 20:00 h con múltiples actividades (globoflexia, xogos, maquillaxe, bailes) amenizados por PONTI, a mascota infantil do Centro Comercial, e outras mascotas (Chase, Olaf, Minion e Elsa).

Do 10 ao 27 de outubro, Ponte Vella sorteará un ciclomotor eléctrico a través da súa conta de Instagram @ccpontevella. A moto permanecerá exposta durante ese período no segundo andar, lugar onde estará accesible o Código QR co que se poderá acceder ao formulario para rexistrarse e así participar neste sorteo.

ÚLTIMAS

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que...

Traballos preventivos en pistas e cortalumes do Distrito Forestal VIII Terra de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte,...

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...