HomesociedadeMellorou a área de Medicina Interna do Hospital de Monforte despois do...

Mellorou a área de Medicina Interna do Hospital de Monforte despois do peche do verán?

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da área sur de Lugo (Pladesapu) denuncia as inexistentes melloras feitas na área de hospitalización de medicina interna durante o verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembra Pladesapu que esta zona do hospital estivo pechada dende a segunda quincena de xuño ata o día 1 de outubro. 14 semanas nas que as 27 camas coas que conta este servizo quedaron inutilizadas

A xerencia do centro argumentou a comezos do verán que o peche era xustificado, xa que baixaba o número de pacientes desta especialidade, ademais de que aproveitarían para facer obras. “Despois dun verán con pacientes de medicina interna ingresados incluso na planta de maternidade, pois as vinte oito camas da planta de especialidades eran claramente insuficientes para estos doentes, Medicina interna abre as súas portas cunha capa de pintura branca nas súas paredes,” denuncia Pladesapu.

A Plataforma insiste en que a única razón do peche de Medicina interna foi “a redistribución do persoal deste servizo polo hospital para cubrir vacacións, e aforrar así contratar persoal externo. Isto contribuíu a sobrecarga das outras áreas de hospitalización, a sobrecarga do persoal e sen obter ningún tipo de beneficio a cambio.”

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...