HomesociedadeO Club Fluvial de Monforte celebra paellada e segue cunha piscina aberta...

O Club Fluvial de Monforte celebra paellada e segue cunha piscina aberta en outubro

O Club Fluvial de Monforte celebrou unha paellada popular para celebrar o fin de tempada de baño e, con todo, continúa cunha piscina aberta en pleno outubro dadas as altas temperaturas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club Fluvial de Monforte celebrou unha paellada popular aberta a todo o público con máis de 300 participantes para celebrar o fin da tempada de baño. Con todo, dadas as temperaturas extraordinarias deste mes de outubro, continuará coa súa piscina calefactada aberta durante uns días máis.

A preparación correu a cargo do mestre paellero, José Arias, e a festa estivo amenizada polo grupo de música tradicional “Aikirindo”, que combina a percusión co tradicional son das gaitas.

O próximo evento que programa esta entidade será o magosto/samaín, que repetirán un ano máis co roteiro de monstros debido á gran acollida do ano pasado, con máis de 500 participantes que percorreron os 28 mil metros das instalación do club fluvial con lanternas na buca de personaxes escondidos para darlles os caramelos nun truco ou trato. Este ano manterán este roteiro e engadirán algunha sorpresa máis que desvelarán nos próximos días.

Club Fluvial Monforte paellada 2023 / Club Fluvial

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...