Homesociedade82% de ocupación na Ribeira Sacra para esta Ponte do Pilar

82% de ocupación na Ribeira Sacra para esta Ponte do Pilar

Segundo os datos recollidos ata o momento polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, as prazas reservadas para esta ponte, entre o mércores 11 e o domingo 15 de outubro, sitúanse no 82%.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta ocasión, os hoteis de maior categoría (4 e 3 estrelas) e o turismo rural son as tipoloxías que marcan unha maior porcentaxe de reservas, chegando a acadar o 93% e 91% respectivamente. As vivendas turísticas e de uso turístico contan con 69% das prazas reservadas e os aloxamentos noutras categorías o 73%.

“Para atopar unha ponte semellante temos que retroceder no tempo ata o 2021, no que o festivo caeu a martes ou ata o 2017, cando foi xoves. As cifras de previsión son moi semellantes, aínda que despois dun lustro non se poden comparar, debido a que contamos a día de hoxe con case 500 aloxamentos e 4.000 prazas máis que daquela”, sinalan desde o Consorcio de Turismo.

No mes de setembro, a ocupación foi do 65%, repartida do seguinte modo: Hoteis 4 e 3 estrelas, o 89%; Turismo Rural o 55%, Vivendas Turísticas e de Uso Turístico, o 43% e Outros aloxamentos, o 71%. A porcentaxe de ocupación foi un 6% superior ás previsións de finais do mes de agosto, e ocupáronse 1.100 prazas máis que en setembro de 2022.

As previsións xerais para outubro son dunha ocupación do 45%. En Hoteis 4 e 3 estrelas, 66%, Turismo Rural 42%, Vivendas Turísticas e de Uso Turístico 18% e Outros aloxamentos 52%. Os hoteis de maior categoría son os que, polo de agora, esperan as ocupacións máis altas. As fins de semana nesta tipoloxía están xa ao 80%.

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...