HomesociedadeA climatoloxía axuda a controlar o incendio de Chantada que afectou a...

A climatoloxía axuda a controlar o incendio de Chantada que afectou a 80 hectáreas

O incendio inicíabase este xoves pola tarde na parroquia de Requeixo, afectando a terreos do monte do Faro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural daba o incendio por estabilizado na mañá deste venres coa axuda da choiva que caeu nas últimas horas. Nos traballos de extinción participaron 14 brigadas de bombeiros forestais, coordinados por dous técnicos e seis axentes ambientais que contaron con sete camións cisterna, unha unidade técnica de apoio e dous buldóceres.

Segundo os datos ofrecidos pola Consellería, as hectáreas afectadas foron 80. Nos concellos de Trabada e Foz tamén se deron 2 incendios que afectaron a 160 e 70 hectáreas respectivamente.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...