HomesociedadeOs lactouros anuncian as súas 'Xornadas micolóxicas'

Os lactouros anuncian as súas ‘Xornadas micolóxicas’

A programación desenvolverase do 2 ao 4 de novembro e as actividades terán lugar no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de micoloxía “Os Lactouros” vén de anunciar as tradicionais ‘Xornadas micolóxicas’ que terán lugar no vindeiro mes de novembro e que se desenvolverán no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte.

PROGRAMA

O xoves día 2 de novembro ás 20:00 h. terá lugar unha charla baixo o título “Iniciación á micoloxía” e será impartida por Carlos Pérez, Presidente dos Lactouros.

O venres 3, tamén ás 20:00 h., será o micólogo e youtuber Luís Cuba quen interveña con outra sesión moi interesante. Neste caso o relator falará de “Especies comestibles e tóxicas da Galiza e os seus hábitats“.

E xa o sábado 4, día grande das xornadas, pola mañá está programada unha saída ao monte para identificar e coller cogomelos ás 10:00 h. da mañá (lugar por concretar), é o xa tradicional ‘Xantar Lactouro’ ás 14:30 h. no restaurante monfortino Abadía de San Simón. O prezo do xantar é de 25 € e cómpre reservar antes do 1 de novembro no teléfono 671473982.

Colaboran e fan posible estas xornadas, ademais da entidade organizadora, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, o Centro do Viño da Ribeira Sacra, a Federación Galega de micoloxía, o Concello de Monforte e o bar Capitol (Monforte).

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...