HomesociedadeNovos obradoiros de emprego para o centro e sur da provincia de...

Novos obradoiros de emprego para o centro e sur da provincia de Lugo

As oficinas de emprego iniciarán a selección de participantes, entre os que teñen prioridade emigrantes retornados, mulleres, vítimas de violencia de xénero, parados de longa duración ou persoas con discapacidade, entre outros colectivos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia aproba 14 obradoiros de emprego duais en Lugo, aos que destina un investimento de máis de 7,6 millóns de euros, e continúa a tramitación de novos proxectos coa previsión de que antes de que acabe o ano estean en marcha un total de 18 obradoiros na provincia. As iniciativas xa aprobadas implican a 35 municipios e están dirixidos a mellorar as oportunidades laborais de 280 persoas desempregadas. Do orzamento total, resérvanse 229.500 euros a incentivar a contratación das persoas participantes unha vez rematada a formación.

Logo da resolución dos obradoiros, iniciaranse de inmediato os procesos de selección dos participantes a través das oficinas de emprego. Terán preferencia as persoas que solicitaran este servizo a través da súa demanda de emprego, en especial aquelas con especial dificultade para acceder ao mercado de traballo: emigrantes retornados, mulleres, vítimas de violencia de xénero, persoas que esgotaron as prestacións, parados de longa duración, maiores de 45, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión, etc.

Os seleccionados recibirán formación, disporán dun contrato de traballo e percibirán remuneración durante a súa participación nesta actividade, que se estende durante 12 meses. A Xunta subvenciona o 100 % do salario mínimo interprofesional (1.080 euros este ano), así como a totalidade das cotas por cada un dos participantes. Na selección de especialidades teñen prioridade as que garanten unha maior expectativa laboral nas contornas, por exemplo, relacionadas coas tecnoloxías da información (TIC) ou coa economía dixital.

Contarán con obradoiros o concello de Chantada, compartido con Carballedo e Taboada; o concello do Incio, compartido con Bóveda e A Pobra do Brollón; o concello de Pantón, compartido co Saviñao e Sober; o concello de Quiroga, compartido con Ribas de Sil e Folgoso do Courel e os concellos de Monforte de Lemos e Sarria.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...