Homesociedade"Non á sobrecarga laboral. Os nosos maiores non son un negocio", encabezaba...

“Non á sobrecarga laboral. Os nosos maiores non son un negocio”, encabezaba a concentración do persoal da DomusVi de Monforte

O persoal da residencia DomusVi de Monforte de Lemos concentrouse diante do centro na mañá deste luns, pola falta de profesionais e de medios para atender ós residentes. A protesta contou co apoio de CCOO, sindicato maioritario no comité de empresa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nun comunicado remitido polas delegadas de CCOO no comité recollen:

“Hoxe é un día moi importante que marca unha pausa no tempo, tanto para os traballadores de Domus Vi como para as persoas que viven nesta residencia. Esta pausa no tempo é imprescindible, xa que non é máis sostible esta situación. Nós, os traballadores non queremos ser cómplices das atrocidades que se están a cometer, soamente somos traballadores que queremos uns dereitos laborais. A pena tan grande é a xente que vive aquí nesta casa tan grande con outras 180 persoas pero tan pequena e vulnerable cando se fala dos seus coidados. ¿Como nos tempos que vivimos pode estar ocorrendo isto? ¿Como isto pode chegar a ser un negocio?”

Consideran que o trato que reciben as persoas ingresadas é inxusto e lamentan que as autoridades correspondentes non tomen medidas, “Estas avoas/avós que o pasaron tan mal nas súas vidas, que pasaron fame, que pasaron guerras, pobreza e viviron unha pandemia…por que sempre teñen que ser eles os elexidos para sufrir? ¿Quen mira por eles? Si a Xunta e Politica Social miran cara outro lado.Os traballadores estamos fartos de velos chorrar, de que teñan medo a queixarse polas represalias”.

Rematan o comunicado demandando uns dereitos laborais para as traballadoras e unha vida digna para os maiores, insisten en que os dereitos das traballadoras son a calidade dos coidatos destes maiores, “As redidencias non deberían de ser ningún interese económico. Coa calidade dos coidados non se xoga. Non podemos permitir continuar nesta situación a poboación ten que abrir os ollos e darse conta do que aquí está a acontecer! Paremos isto entre todos!”


ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...