HomesociedadeO Qui-Medo suma 1.100 participantes e aínda non pechou inscricións

O Qui-Medo suma 1.100 participantes e aínda non pechou inscricións

A IV edición deste evento terá lugar o sábado 28 de outubro en Quiroga e contará cun percorrido de 8 casas temáticas do terror. Ademais, o pavillón municipal será o centro neurálxico con dúas festas, unha infantil e outra para público adulto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informa a Asociación Qui-Roma, organizadora do Qui-Medo, o evento de terror máis popular do sur de Lugo, e un dos que máis está medrando de Galicia, suma xa máis dun milleiro de inscritos e inscritas (uns 1.100 inscrit@s cando se redactou esta nova).

A IV edición deste terrorífico evento terá lugar o vindeiro sábado 28 de outubro cun recorrido que levará aos máis atrevidos e valentes por 8 casas temáticas nas que o medo está garantido. Esas oito casas nas que se lle meterá medo aos asistentes foron bautizadas cos seguintes nomes: A casa Sau, o Circo Malvado, A Peste, Stranger Things, Chucky, A Momia, Biblioteca Poseída e a Carcel Zombi.

A organización lembra que as visitas ás casas recoméndanse para maiores de 13 anos, e os menores desa idade deberán de ir acompañados.

PAVILLÓN MUNICIPAL, O PUNTO DE ENCONTRO

O pavillón municipal de Quiroga será o centro neurálxico do Qui-Medo. Abrirá a partir das sete da tarde para que o lider de cada grupo se achegue a recoller as pulseiras de entrada nas casas e tamén para o inicio do Quimedofest Infantil, unha festa aberta a todos os nenos e nenas sen necesidade de inscrición.

O mesmo espazo acollerá o Quimedofest, festa xa pensada para os maiores, que poñerá remate ao Qui-Medo tras a visita ás casas, percorrido que se realizará entre as 9 e media da noite e as doce e media. Dará comezo ás 00.30 h. e contará cun concerto de rock a cargo da banda ourensá En Mala Hora e coa Discomóbil do DJ quirogués Míchel.

Os organizadores do Qui-Medo cren que esta é a mellor edición das realizadas ata o de agora e destacan a colaboración dos voluntarios –máis dun cento–, do Concello de Quiroga, de Protección Civil e tamén dos propietarios das vivendas que as deixan para realizar este evento. En canto ao número de inscritos e inscritas, a intención é pechar en 1.200 a asistencia definitiva ao evento.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...