HomesociedadeJosé Tomé presidiu os actos da 63ª Asemblea da Red de Juderías...

José Tomé presidiu os actos da 63ª Asemblea da Red de Juderías de España

Á xuntanza acudiron alcaldes, alcaldesas, concelleiros e concelleiras, así como técnicos e persoal especializado no eido do turismo e da cultura de 14 concellos do Estado contando ao anfitrión, Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cidade de Monforte acolleu entre o xoves 26 e este venres 27 de outubro a 63ª Asemblea da Red de Juderías de España. En palabras do alcalde, acudiron á cita “o 70% das cidades que forman parte desta Rede, o cal é un éxito, pois foi un reto levar a cabo esta importante xuntanza tras a celebración das pasadas eleccións municipais, e supón unha ocasión moi especial porque é a primeira vez que a nosa cidade ostenta a presidencia, con importantes retos por diante”.

Á xuntanza acudiron alcaldes, alcaldesas, concelleiros e concelleiras, así como técnicos e persoal especializado no eido do turismo e da cultura. As cidades participantes, ademais da anfitriona Monforte, foron: Barcelona, Calahorra, Córdoba, Estella, Hervás, Jaén, Lorca, Lucena, Plasencia, Ribadavia, Sagunto, Segovia e Tui.

DESENVOLVEMENTO DA ASEMBLEA

Boa parte da Asemblea foi dedicada a repasar os proxectos troncais desta asociación que afectan a aspectos tan importantes da xestión municipal como o son o turismo, a cultura e a educación, dado que moitos dos membros actuais son novos, logo das últimas eleccións municipais celebradas en maio. Tamén foi aprobado o orzamento xeral, que alcanza os 350.000€.

Un dos retos de futuro que se puxo enriba da mesa foi levar a cabo unha reunión técnica “que acabe de dar formato ós requisitos necesarios para entrar na Red de Juderías de España, pois hai moitos concellos interesados en formar parte desta Red, e ese ingreso debe producirse dun xeito ordenado”, indicou o Alcalde anfitrión.

José Tomé rematou apelando ó “espírito de cohesión da asociación” e insistiu na “defensa dos valores que transmitimos desde a Rede, porque nos beneficia a todos traballar desde a unión e marcándonos metas comúns”.

REFERENCIAS AO CONFLICTO BÉLICO

José Tomé, Alcalde monfortino, condenou enerxicamente os atentados terroristas perpetrados en Israel o 7 de outubro e fixo “un chamamento os contendentes para que sempre prevaleza o respecto a poboación civil e ós dereitos humanos”.

Nese senso, desexou que “este conflito bélico chegue ó seu fin o antes posible e que se respecten as normas de orde internacional e de respecto á poboación civil de ambos lados da fronteira”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...