HomesociedadeQueres que prospere o turismo no territorio do Courel?

Queres que prospere o turismo no territorio do Courel?

Dentro do proxecto O Courel, Destino e Futuro Vital, celébranse unhas Xornadas sobre Sustentabilidade Turística no Courel e Desenvolvemento do Territorio. A cita no Salón de Actos do Concello de Folgoso do Courel o 8 de novembro ás 09:45h.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trátase da xornada final do Proxecto O COUREL DESTINO E FUTURO na área de turismo para debater e achegar solucións desde a colaboración público-privada. Búscase apoiar novas iniciativas emprendedoras de turismo, e para iso os distintos sectores gastronomía, natureza, patrimonio e os medios de comunicación abordarán a promoción do Territorio do Courel para o seu desenvolvemento de forma sostible.

Presentarase -para escoitar opinións- unha marca para os produtos alimentarios do Courel e para a promoción turística no seu conxunto, capaz de atraer mais visitantes e clientes ás empresas dos 3 Concellos: Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

Convídase a participar da actividades a todas as empresas vinculadas co turismo, aloxamentos rurais, casas de turismo rural, albergues, gastronomía, a produción de viños, mel, aceite, ou os roteiros de natureza e patrimonio.

Da presentación e dirección da xornada encargarase o xornalista, Xulio Xiz. A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro e José María López Bourio como representante da organización encargaranse da benvida. Da primeira mesa redonda participarán representantes de distintas administracións co tema: As administracións públicas e o seu compromiso co futuro turístico do Courel.

Ás 10:45, representantes de axencias de viaxes debatirán sobre As axencias de turismo como promotoras do turismo de experiencias no Courel. Ás 12:00 representantes de distintos medios de comunicación abordarán a promoción turística do Courel. Na última mesa redonda participarán os actores locais que atraen turistas ao Courel e posteriormente o presidente do Clúster e Turismo de Galicia clausurará as xornadas. Rematarase con degustación de produtos.

ÚLTIMAS

Completo programa para exaltar o aceite de Quiroga os días 14 e 15 de marzo

O sábado, 14 de marzo, a mostra abrirase co “III Congreso arredor do Aceite...

O Enterro da Sardiña despide o Entroido en Monforte

O tradicional Enterro da Sardiña puxo este mércores pola tarde o peche ao Entroido...

A Torre da Homenaxe monfortina lembrará o ‘Día Mundial do Colangiocarcinoma’

O Concello de Monforte colabora coa iniciativa da Asociación de Tumores de Vías Biliares...

“Memorias dun neno labrego”, este 19 de febreiro no Multiusos de Monforte

Nova cita co teatro este xoves, 19 de febreiro ás 20.15 horas, no Edificio...