HomesociedadeEntregadas dúas vivendas de promoción pública en Monforte

Entregadas dúas vivendas de promoción pública en Monforte

Das 470 vivendas de promoción pública das que dispón o concello de Monforte, solamente hai dúas vivendas de réxime especial dispoñibles, que xa están en proceso de adxudicación.

Publicado o

- Advertisement -

Dúas vivendas de promoción pública forón entregadas en Monforte de Lemos pola Xunta. Unha delas en réxime de compravenda e a outra en aluguer. A primeira delas está situada na rúa Benito Vicetto e ten 90 metros cadrados, catro dormitorios, garaxe e trasteiro. A vivenda entregada en alugueiro está na rúa Armando Cotarelo e conta con 40 metros cadrados, un dormitorio e trasteiro.

As vivendas de promoción pública no concello de Monforte son 470, das que 462 corresponden ao réxime xeral (dispoñibles para venda ou alugueiro) e 8 son de réxime especial ao estar emprazadas no casco histórico, polo que unicamente se poden alugar.

Actualmente, neste municipio non hai ningunha vivenda vacante de réxime xeral, mentres que no casco histórico hai dúas, que se atopan en proceso de adxudicación.

As persoas interesadas en optar a algunha vivenda de promoción pública deben inscribirse no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma, accesible tanto a través da sede electrónica como nas oficinas do IGVS (Instituto Galego de Vivenda e Solo).

 

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...