IniciosociedadeA caverna de Santo Estevo, inauguradas as rutas de turismo industrial na...

A caverna de Santo Estevo, inauguradas as rutas de turismo industrial na Ribeira Sacra

A Central Hidroeléctrica de Santo Estevo acolleu na mañá deste vernes, a presentación dun proxecto que permitirá coñecer as belezas da Ribeira Sacra e as entrañas da presa de Santo Estevo, a primeira Central Hidroeléctrica do grupo Iberdrola en abrir as súas puertas aos visitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, o Concello de Nogueira de Ramuín e Iberdrola únense para fomentar o turismo en Santo Estevo con este proxecto piloto. O acto inaugural estivo presidido por Miguel Ángel López García, Director da Bacia do Sil en representación de Iberdrola, o Presidente en funcións do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, e o Alcalde do Concello de Nogueira de Ramuín, Julio Carlos Temes Pereira.

“Dáse así un fito histórico no territorio. Nunca antes unhas instalacións deste tipo permitiron a entrada a persoas alleas á empresa, salvo visitas escolares anos atrás”, destacan desde o Consorcio de Turismo. Esta é unha aposta polo turismo industrial na que o Consorcio de Turismo leva tempo traballando e que agora, gracias a colaboración de Iberdrola, é unha realidade.

Luis Fernández Guitián resaltou a este respecto “que a posta en valor e a accesibilidade ao Patrimonio Industrial da Ribeira Sacra, xa era un obxectivo antes da declaración BIC da Paisaxe Cultural. Neste contexto, e como acabamos de comprobar no congreso celebrado esta semana no Mosteiro de Santo Estevo, con especialistas vecellados a UNESCO e a ICOMOS, a apertura das portas deste tipo de infraestruturas cobra máis sentido se cabe. Son parte ineludible da realidade do noso territorio“

A visita ao complexo de Santo Estevo incluirase dentro dun percorrido polo Concello de Nogueira de Ramuín, descubrindo algúns dos seus moitos atractivos turísticos (miradoiros, as mámoas das Cabanas ou o Mteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil).

O Consorcio agradece a implicación de Iberdrola para a preparación das visita, “É fundamental que os visitantes comprendan e interioricen que a paisaxe da que hoxe temos, a navegabilidade dos ríos ou o moldeado das ladeiras para a produción vinícola, forman parte dunha paisaxe viva, adaptada e moldeada pola presencia humana para o seu aproveitamento en distintos sectores produtivos e en diferentes épocas”

A Caverna de Sto Estevo rutas / Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

Nunha primeira proba piloto, estas visitas estarán dispoñibles, só con reserva previa, os venres e sábados comprendidos entre o 17 de novembro e o 9 de decembro. Terán unha duración total aproximada de 4 horas, incluíndo os recursos mencionados anteriormente.

Os visitantes comezarán a xornada, acompañados dun guía oficial ás 10:00 horas. A da central será a última parada do percorrido para acceder ás privilexiadas vistas dende o alto da presa (115 metros sobre o nivel do río) e á xoia da central, a caverna coñecida como Santo Estevo II.  A experiencia estará dirixida a persoas maiores de 12 anos, por cuestións de seguridade, e para un máximo de 15 persoas en cada saída. A actividade terá un custe de 6€ por persoa. A reserva das prazas está aberta na web do Consorcio de Turismo, turismo.ribeirasacra.org

ÚLTIMAS

Recepción do piloto monfortino Eduardo Iglesias na Deputación de Lugo

Durante o encontro, José Tomé trasladoulle ao deportista os seus parabéns en nome propio...

Atopan xunto ao río o corpo sen vida dun home que desapareceu o sábado en Sarria

O corpo sen vida dun home de algo máis de 70 anos de idade,...

Ana Pontón visitou a XXXI Feira do Viño de Vilachá

A portavoz nacional, Ana Pontón, participou este domingo na celebración da XXXI Feira do...

Feira e poxa de Gando en Seoane do Courel

O sábado 4 de maio celebrouse un novo encontro gandeiro como os de antes...