Homesociedade32.000€ na mellora dos locais sociais de Arnado e Salcedo

32.000€ na mellora dos locais sociais de Arnado e Salcedo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou este venres na Pobra do Brollón o resultado das obras, financiadas pola Vicepresidencia primeira con cargo ás axudas destinadas a agrupacións veciñais, comunidades de usuarios de augas e mulleres rurais de Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia apoiou con preto de 32.000 euros a mellora de locais das asociacións de veciños de Arnado e Salcedo, na Pobra do Brollón. No caso do colectivo de veciños de Arnado, percibiron 15.000 euros para acondicionar o inmoble e adquirir equipamento. Entre as actuacións realizadas destaca a eliminación de barreiras arquitectónicas, a compra de mobiliario, a substitución de ventás, a instalación dunha nova acometida eléctrica con luces led para aforrar enerxía e a colocación dunha estufa de pellets. Tamén se pechou con portas basculantes unha parte da edificación que só tiña cuberta.

En Salcedo, a axuda foi de 16.800 euros para mellorar un local que acolle representacións teatrais. Na parte exterior dotouse dun alpendre con cuberta de lousa sobre unha estrutura de madeira de castiñeiro. No interior acometéronse traballos de acondicionamento e reparación variados. Tamén se incorporou mobiliario, como bancos e estantes de madeira de piñeiro na zona do escenario.

Arias subliñou o importante labor de dinamización que realizan as asociacións veciñais lucenses, en especial no eido rural. Incidiu en que con esta liña de axudas, a Xunta pretende contribuír a que conten con espazos axeitados para desenvolver as súas actividades. A convocatoria deste ano estivo dotada con 3 millóns de euros.

Locais sociais A Pobra visita Arias / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...