Homesociedade"Tomesiños" os primeiros polvoróns da Ribeira Sacra para este Nadal

“Tomesiños” os primeiros polvoróns da Ribeira Sacra para este Nadal

A empresa Silváns de Taboada, coñecida por facer as Xianas, elaborará para este Nadal polvoróns feitos con manteiga de porco celta, tal e como acredita o selo de Artesanía Alimentaria da Xunta de Galicia, co que conta. Feitos sen conservantes nin colorantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os comercialmente coñecidos como “Tomesiños”, toman o seu nome de San Tomé do Carballo, denominación coa que tamén era coñecida a vila de Taboada, onde Silvans elabora estes produtos gourmet.

A presentación de Tomesiños faise na feira gourmet galega, Etiqueta Negra, que se celebra desde o venres ata este luns, día 13 de novembro na cidade de Pontevedra. Os Tomesiños poden xa adquirirse nas tendas de toda Galicia onde habitualmente a empresa distribúe as súas outras elaboracións artesanais, Xianas e Aloumiños. Nesta campaña hai a intención de colocar no mercado o redor de 15.000 unidades de polvoróns.

Tomesiños / Silvans

Esta empresa familiar conta con outros produtos xa coñecidos como son as galletas Xianas, coas que naceu a empresa hai 8 anos, e os bolicos Aloumiños. As galletas tradicionais cócense e entre dúas planchas de aceiro e son tipicas do concello de Taboada. Os bolicos son uns crocantes de noz e arandos.

Silvans produtos / Silvans

ÚLTIMAS

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...