HomesociedadeReábrense as rutas en catamarán polo Miño

Reábrense as rutas en catamarán polo Miño

A Deputación de Lugo reabre as rutas en catamarán polo Miño unha vez que a empresa Naturgy lle comunicou o fin dos labores de mantemento que estaba realizando no encoro dos Peares. Estes traballos reduciron o caudal do río, o que imposibilitaba a navegación dos barcos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os catamarán do Miño volven a navegar ata a fin de tempada por este itinerario, que parte de Belesar (O Saviñao), e que estivo interrompido no mes de outubro por obras no encoro dos Peares. Así a Deputación volveu a habilitar este mércores as reservas na web reservas.rutasembalses.es

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destaca que “As persoas que deciden facer algunha das rutas da Deputación adoitan pasar o día na comarca, ou mesmo fan noite para poder vivir diferentes experiencias neste entorno, o que significa que comen nas proximidades e que visitan outros recursos turísticos próximos”, concreta, facendo referencia ao que os viaxeiros testemuñan nas enquisas de satisfacción que realiza a institución provincial unha vez realizada algunha das dúas viaxes.

“Estamos ante unha tempada de récord, ano tras ano superamos as cifras anteriores e iso fai que nos amosemos contentos ante a boa acollida que este recurso turístico ten tanto para quen nos visita dende outras partes da provincia, de Galicia, do resto do país ou para o turista internacional”, engade a Deputada.

Neste mes de novembro funcionarán as dúas rutas, tanto a do Sil como a do Miño durante as fins de semana, tanto os sábados coma os domingos, con saídas ás 11:30 e ás 16:00 horas. No caso do mes de decembro, os barcos navegarán dende o 2 ao 10 de decembro todos os días, con  motivo da Ponte da Constitución, tamén con dúas saídas diarias en horario de mañá e de tarde.  

Para información e reservas, as persoas interesadas poden dirixirse á web https://reservas.rutasembalses.es ou chamando ao: 982 26 01 96 en horario de 9:00 a 20:00 horas de luns a domingo.

ÚLTIMAS

O Programa de Teatro de Monforte ábrese este 30 de xaneiro

A programación iniciarase o xoves, 30 de xaneiro, coa obra As gardiás, espectáculo para...

Dous detidos en Chantada por agresión sexual a unha muller con discapacidade

Segundo trasladaron fontes próximas á investigación, os arrestos producíronse na xornada do luns no...

Exposición escolar de banda deseñada na Biblioteca do Saviñao

O obradoiro de Estefanía Padullés, Atrévete a facer o teu propio libro, do Programa...

As ‘Mariñeiras’ daranse a coñecer nunha das feiras de snacks máis importantes do mundo

A empresa chantadina Lugar Da Veiga S.L.L., coñecida en gran parte pola elaboración das...