HomesociedadeMonforte concede 10.000 en axudas ás festas de parroquias e barrios celebradas...

Monforte concede 10.000 en axudas ás festas de parroquias e barrios celebradas este ano

A Xunta de Goberno de Monforte aproba as axudas para a celebración de festas de barrios e parroquias correspondentes a solicitudes presentadas para o ano 2023. Para contribuír a que  todas estas asociacións de veciños e comisión de festas poidan desenvolver con éxito os seus actos lúdicos e festivos, o concello destina 9.550€”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As parroquias e barrios que obtiveron estas axudas son os seguintes:

Para as festas da parroquia de Gullade, celebradas o 27 e 28 de agosto, concedéronse 500 €. O barrio dos Chaos, que celebrou a súa festa o día 23 de xuño, contou cunha axuda de 910 €. A asociación de veciños do barrio de Cobas, que celebrou a súa xuntanza veciñal o 13 de maio, contou con 910 €.

As festas de Santa Mariña do Monte, celebradas o 1, 2 e 3 de setembro contan con 500 € de axuda. As festas de Reigada, que tiveron lugar os días 21 e 22 de maio contan cunha axuda de 500 €. Os veciños do Chao do Fabeiro celebraron a súa festividade o 31 de agosto, e contaron cunha axuda de 500 €.

A comisión de festas de Baamorto, que celebrou o San Mateo Pequeno o día 23 de setembro, obtivo unha axuda de 500€. A comision de festas do barrio de San Antonio, que organizou os festexos do 10 ó 13 de xuño, obtivo unha subvención de 910 €. A asociación de veciños do barrio de Carude, celebrou o San Lázaro o 24, 25 e 26 de marzo, cunha axuda de 910 €.

A asociación de festexos da parroquia de Piñeira, desenvolveu os seus festexos o 29, 30 e 31 de xullo, cunha axuda do Concello de 500 €. A asociacion de veciños do barrio do Val de Lemos contou cunha axuda de 910 € para as festas celebradas o 24, 25 e 26 de xullo.

A parroquia de Sindrán celebrou os seus festexos o 3 e 4 de xuño, e para elo obtivo unha axuda de 500 €. A comisión de festas de Marcelle obtivo unha axuda de 500 € para as festas celebradas o 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro. A asociación de veciños de A Parte, Camporrío e Remuín obtiveron unha axuda de 500 € para os festexos do 21 de setembro. E a parroquia de Tor, que festexou 1 e 2 de xullo, obtivo unha axuda de 500 €.

ÚLTIMAS

A Plataforma Pola Sanidade Pública do Saviñao concéntrase contra os recortes do Sergas

O centro de saúde de Escairón conta nestes momentos cunha médica fixa de xeito...

Monforte adxudica as obras de mellora dos accesos ao núcleo de Souto, en Guntín

A Xunta de Goberno Local deu luz verde ao proxecto técnico e a adxudicación...

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...