Homesociedade100 persoas participaron do Programa Integrado de Emprego que se vén de...

100 persoas participaron do Programa Integrado de Emprego que se vén de clausurar en Chantada

Clausúrase en Chantada o Programa Integrado de Emprego que compartiron durante o último ano os concellos de Chantada, Pantón, Bóveda, Paradela, O Saviñao, Sober, Taboada e Carballedo e os ourensáns de Coles, A Peroxa e San Cristovo de Cea.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa ten como reto principal incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas a través de accións de formación e asesoramento que lles faciliten a busca dun emprego. Contou con 100 participantes, a maioría deles menores de 30 anos. Tamén se inscribiron persoas desempregadas maiores de 45 anos, entre outros perfís.

Abordáronse aspectos como as técnicas de coaching, a intelixencia emocional, as habilidades sociolaborais, as prácticas laborais ou o fomento do emprendemento. Tamén cuestións prácticas como a elaboración de currículos e cartas de presentación, o rexistro en portais de emprego e os simulacros de entrevistas de traballo. Este ano, como medida innovadora incorporouse unha aula virtual.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no peche da actividade, financiada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con 250.000 euros. Anunciou que o Goberno galego vén de conceder un novo programa de iguais características para outros 100 participantes dos mesmos concellos -máis o ourensán de Vilamarín – no período 2023-2024. A achega aprobada é de 220.000 euros.

Arias destacou a cooperación entre a Xunta, concellos e entidades para acadar o máximo proveito dos programas integrados de emprego e adaptar a formación impartida aos perfís profesionais que precisan as empresas. Animou aos participantes a aproveitar a formación recibida e mesmo a explorar a vía do emprendemento. Explicou que a Xunta ofrece asesoramento próximo e personalizado a través das oficinas Conecta Lugo, impulsadas en colaboración coa Confederación de Empresarios en Monforte de Lemos, Lugo e Ribadeo; ou dos Polos de emprendemento como o de Monforte.

Programa integrado de emprego clausura / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte solicita a nulidade do acordo plenario na moción que pedía a dimisión de Tomé

Desde o BNG lembran que a decisión de votar unha moción por puntos corresponde...

A xornalista e comunicadora feminista Cristina Fallarás, o sábado 17 en Chantada

A asociación 'Polamiúda' de Chantada organiza o vindeiro 17 de xaneiro unha interesante charla...

Quiroga viaxa a Santiago o 18 de xaneiro para ver “Memorias dun neno labrego”

A obra que se representará é “Memorias dun neno labrego”, baixo a dirección e...