HomesociedadeVilañán, novo miradoiro sobre o val de Quiroga

Vilañán, novo miradoiro sobre o val de Quiroga

Este miradoiro acaba de ser acondicionado polo GDR Ribeira Sacra-Courel. Trátase dunha estrutura de madeira sobre unha rocha que xa se utilizaba para contemplar o val pola súa estratéxica situación e que os veciños da zona xa chamaban a “Pena de Pensar ou Miradoiro de Vilañán”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Xeoparque Montañas do Courel conta cun novo punto de observación situado na serra de Vilañán, no Concello de Quiroga. A estrutura permite contemplar a totalidade do val do río Quiroga dende o seu nacemento na cara suroeste do Pía Páxaro, preto de Vilarbacú, coa unión dos regos Porto Murelos, as Lagoas e Curuxido, ata a súa desembocadura no río Sil en Quiroga, tras recorrer 24 km.

Para facilitar o acceso colocouse unha escaleira de madeira e unha varanda, que se complementaron cun banco que permite gozar das vistas e da paz e tranquilidade que se respira neste lugar. Como remate da obra, nuns días, colocarase un panel explicativo da zona que se pode ver dende este punto.

Numerosos núcleos espallados por todo o val, Quiroga, San Clodio e puntos destacados como o Pía Páxaro (1.610 m) e Formigueiros (1.639 m), os cumes máis altos do Xeoparque da UNESCO; o Alto do Boi, límite entre os concellos de Quiroga e Folgoso do Courel, ou Castro de Ares poden contemplarse dende este miradoiro. Sen esquecernos da serra de Ribas de Sil na subida a San Xoán de Río (Ourense).

O miradoiro está situado a 7 km de Quiroga. Os primeiros 4 km de pista asfaltada son o acceso dende a vila quiroguesa a Vilañán, os tres seguintes discorren por unha pista de terra, a mesma que leva ata o despegue de parapente.

Este percorrido foi o que fixo o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, para comprobar esta nova estrutura e as súas vistas. O miradoiro xa forma parte da rede de miradoiros do Xeoparque Mundial Nontañas do Courel, que a través de 26 puntos estratéxicos repartidos por todo o seu territorio permite observar a rica historia xeolóxica, a paisaxe e o patrimonio cultural que este xeoparque engloba.

Miradoiro de Vilañán / Concello de Quiroga

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...