HomesociedadeMáis dun millón de luces Led iluminarán o Nadal de Monforte desde...

Máis dun millón de luces Led iluminarán o Nadal de Monforte desde este 1 de decembro

Para a iluminación navideña da cidade destínanse 52.000 euros, 2.000€ máis que en 2022, "o investimento máis alto da historia deste Concello", subliña o Alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alumeado acenderase o venres día 1 de decembro ás 6.30 da tarde, e apagarase o domingo día 7 de xaneiro, permanecendo en servizo 38 días, o mesmo número que en 2022. O acendido oficial terá lugar na rúa Cardeal e será realizado polo Alcalde, acompañado por membros do Equipo de Goberno, e farase xunto á árbore que estará ubicado no inicio peonil da citada rúa. A iluminación de Nadal estará acendida todos os días de 18:30 a 2 da madrugada para que monfortinos e visitantes disfruten da cidade, merquen no comercio local e consuman na hostalería.

A Torre da Homenaxe vestirase con proxeccións exteriores, que simularán a caída de copos de neve. Haberá un cono central na rúa do Cardeal, a modo de árbore de Nadal, de 18 metros de alto, 1 metro máis que en 2022, por 6 metros de diámetro, e na Praza de España instalarase unha Bola de Nadal de 5 metros.

A árbore da rúa Cardeal e a bola da praza de España contarán con paso interior “para que a xente poida facerse fotos dende dentro e para inxectar ilusión e alegría nas persoas que viven ou que visitan Monforte, sobre todo nos nenos e nenas”, subliña o Alcalde.

Este ano o Concello contará con máis dun millón de luces LED para a iluminación de Nadal a través de arcos e motivos decorativos:

  • Os 260 arcos terían 850.000 luces LED.
  • A árbore de Nadal do Cardenal, 20.000 luces LED.
  • A Bola de Nadal da praza de España, 70.000 luces LED.
  • O cedro xunto os Escolapios, 4.500 luces LED.
  • E nas árbores das prazas, 1.800 luces LED.

“Un ano máis superamos a Vigo en número de luces por habitante: Vigo ten uns 300.000 habitantes e instalou 11,5 millóns de luces, polo que tocan a 38 luces LED por habitante; Monforte ten arredor 18.500 habitantes, polo que tocamos a 54 luces LED por monfortino”, destaca o alcalde.

Ademais das 65 rúas iluminadas con arcos (engadindo Aceña Nova respecto ao ano anterior), tamén estarán adornadas a Torre da Homenaxe, a Praza de España, o Campo de San Antonio, a Praza de Carude, a Praza dos Chaos, a Praza da Estación, e 7 arcos de “Bo Nadal” que se ubicarán nas entradas á cidade de Monforte. Tamén será adornado coa Estrela de Nadal o cedro que se atopa entre a Praza das Casitas e a explanada da Compañía, “como unha guía que nos conduza cara a un ano novo mellor para todos”. As fontes da cidade terán o mesmo horario que as luces de Nadal, de 6 e media da tarde (18:30 h.) ata as 2 da madrugada.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...