HomesociedadeQuiroga honra ao seu patrón

Quiroga honra ao seu patrón

Celebrará o San Martiño esta fin de semana. Dúas das actividades do programa, a obra de teatro do sábado e o 'Día da Bicicleta', quedan suspendidas.

Publicado o

- Advertisement -

Estaba previsto que o sábado 10 houbese pola tarde, dentro da programación do San Martiño, unha función de teatro no Auditorio Municipal. Concretamente a bra “As monxas e a María” do grupo Falcatrueiros, pero finalmente quedou anulada por motivos da propia compañía.

Así, pois, as actividades para honrar ao patrón da vila céntranse no domingo día 11, día propio do San Martiño. Agás a celebración do “Día da Bicicleta”, previsto para a mañá deste día e adiado para o domingo 18 por mor das previsións metereolóxicas, o resto de programación mantense en pe.

Unha carpa que cubre practicamente a Praza Maior fará posible que as actividades da tarde e noite se podan levar a cabo. Ás 12:00 h. terá lugar a Misa e Procesión e a partir das 13:45 h. actuacións dos grupos de danza “San Martiño” e “Arume da Queiruga” e tamén do Grupo de Gaitas “Alecrín”.

Xa pola tarde, ás 16:00 h. están programados os xogos populares infantís e ás 19:00 o Magosto con castañas asadas e viño novo para os presentes. Amenizará a velada o coñecido Dúo Camelia.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...