HomesociedadeUn ano de cárcere e tres inhabilitado para ter animais para o...

Un ano de cárcere e tres inhabilitado para ter animais para o acusado de envelenar á gata do veciño en Samos

En agosto de 2021, colocou no limiar da entrada dunha casa deshabitada que se atopa a un vinte metros do seu domicilio dúas porcións dunha mestura de penso para animais e un veleno empregado para roedores.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A maxistrada do Xulgado do Penal número 1 de Lugo inhabilitou durante tres anos para a tenencia de animais, así como para o exercicio de profesión ou comercio que teña relación con animais, a un veciño de Samos por envelenar a unha gata con raticida. A xuíza, que o considerou responsable dun delito de malos tratos animais, tamén o condenou a un ano de cárcere, pena cuxa execución suspendeu durante un prazo de dous anos, condicionada a que durante ese período non delinca.

A sentenza considera probado que o acusado, en agosto de 2021, colocou no limiar da entrada dunha casa deshabitada que se atopa a un vinte metros do seu domicilio dúas porcións dunha mestura de penso para animais e un veleno empregado para roedores. A maxistrada indica que unha gata propiedade dun veciño da mesma localidade, quen asegurou que o condenado “sempre se queixaba polos gatos”, sufriu unha intoxicación tras inxerir de forma parcial un dos cebos colocados polo procesado. Para a curación das lesións necesitou tres días de ingreso hospitalario. Ademais, a xuíza resalta no fallo que a localidade de Samos ten a consideración de zona protexida, ao estar incluída dentro da ZEC Os Ancares-Courel.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...