HomesociedadeA A.V. do Saviñao segue buscando solucións ás antenas de telefonía móbil

A A.V. do Saviñao segue buscando solucións ás antenas de telefonía móbil

A asociación veciñal solicitou da Xefatura Provincial de Telecomunicacións da Delegación do Goberno en Lugo, a inspección e revisión técnica das emisións de radiación das antenas próximas ás vivendas do colexio público de Escairón.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

A asociación veciñal do Saviñao decide facer esta solicitude á Xefatura Provincial de Telecomunicacións da Delegación do Goberno, despois da falta de resposta da empresa propietaria, Vodafone, ó burofax enviado pola asociación, que tamén se queixa “da falta de sensibilidade da Alcaldía do Saviñao cos problemas platexados polos veciños, por non tomar medidas ao respecto”.

A preocupación polas emisións de radiación ás vivendas próximas ao colexio público, “xa é histórica e comeza co permiso concedido polo concello no ano 1997”.

A asociación considera que a cobertura da telefonía móbil é imprescindible a día de hoxe, “pero tamén hai que comprender que a veciñanza enténdea como unha ameaza para a saúde e rexeita a actual ubicación. Non debería resultar tan dificil nin problemáico o cambio a un punto mais alonxado da poboación”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...