HomesociedadeEste 5 de decembro arrinca en Sarria o "Tapicheo 23"

Este 5 de decembro arrinca en Sarria o “Tapicheo 23”

O XVI Concurso de Tapas “Tapicheo´23”, organizado pola Concellaría de Turismo de Sarria en colaboración co sector da hostalaría local, celebrarase desde este martes, 5 de decembro, ata o vindeiro sábado cun total de 19 establecementos participantes distribuídos en cinco rutas e cun horario mínimo de degustación das tapas de 20.00 a 23.00 horas.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

A primeira ruta confórmana Restaurante Camping Vila de Sarria, Mesón O Castro, Adarve e Barullo Bar; a segunda, Cafetería El Parisién, Taberna D´Orixe, Don Pepe e Hotel Alfonso IX; a terceira, Cafetería Santiago, Cafetería Next, La Isla e Pan-Team; a cuarta, Al Paso To Go, Cafetería Central, Café Bar París e 8mm; e a quinta, Cafetería Bar Cubano, Café Bar Andión e Mesón O Tapas.

Segundo as bases do concurso, aqueles clientes que completen a súa tarxeta de votación cos selos dos 19 establecementos poderán participar no sorteo dun bono regalo consistente nunha viaxe -por cortesía dos locais participantes- e tamén no sorteo dos demais premios.

Aqueles clientes que completen polo menos 15 selos optarán aos seguintes premios: unha cea ou comida para dúas persoas por cortesía de Cafetería Cubano, unha cea para dúas persoas (Barullo Bar), unha cea para dúas persoas (Café Bar París), unha botella magnum de Arnegui (Cafetería Central), unha caixa de botellas de viño Rioja (Taberna D´Orixe), un lote de viños Marieta (Adarve), catro lotes de produtos gastronómicos e unha tarxeta regalo por cortesía de Halcón Viajes Sarria.

As tarxetas de votación, debidamente cumprimentadas, poderanse introducir nas urnas situadas nos locais participantes ata o domingo 10 de decembro.

ÚLTIMAS

O filme documental “O Son da Serra” comeza este 14 de novembro en Taboada as proxeccións pola provincia

“O día 14 de xullo de 2022 comezaba a arder a serra do Courel...

A loita contra a desinformación chega a Chantada este 14 de novembro

Este xoves, 12 de novembro, a alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia...

‘Saborea e Canta o Outono’ na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...