HomesociedadeMonforte inviste 62.500€ nun novo furgón de atestados para a Policía Local

Monforte inviste 62.500€ nun novo furgón de atestados para a Policía Local

O concello de Monforte ten aberto ata o 13 de decembro o proceso de licitación para a adquisición dun novo furgón de atestados para a Policía Municipal. O novo vehículo facilitará o desempeño da confección de atestados por accidentes de circulación, controis de alcoholemia, controis de drogas, etc. que se levan a cabo na vía pública.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O prezo de licitación para a compra deste novo vehículo municipal para a Policía Local estableceuse en 62.500 euros. O prazo para a presentación de ofertas de licitación por procedemento aberto ata o mércores 13 de decembro.

A mesa única de contratación celebrarase o luns 18 de decembro ás 11:00 horas. O prazo de entrega do vehículo será de 60 días a contar dende a data de formalización do contrato coa empresa adxudicataria.

“Con este novo vehículo”, destacou o Alcalde, “incorporaremos á flota de vehículos da Policía Local un novo furgón de atestados equipado con todos os elementos necesarios para que os axentes poidan prestar un servizo de calidade ós cidadáns de Monforte”.

Criterios de adxudicación

  • Valoración económica: 80 puntos.
  • Prazo de entrega: 20 puntos.
    • Reducción entre 30 días e 25 días: 20 puntos.
    • Reducción entre 24 días e 15 días: 10 puntos.
    • Reducción entre 14 días e 5 días: 5 puntos.

Especificacións técnicas do novo furgón da Policía Local

O Alcalde explica que o que se busca dende o Concello é adquirir “un furgón adaptado para oficina móbil de atestados e informes, dotado de dúas zonas independentes separadas, sendo a dianteira destinada a pasaxeiros e traseira acondicionada como oficina. A parte traseira contará cunha porta lateral corredeira polo lado dereito e portón ou dúas portas traseiras”.

Ten que ser un vehículo novo, diesel, cunha cilindrada superior ós 1.990 cm3 e unha potencia superior ós 80 KW, con tracción dianteira, caixa de cambios manual e un máximo de 6 velocidades.

A lonxitude total do furgón debe situarse entre o 5,4 e 5,5 metros, a anchura excluídos espellos, entre 1,95 e 2 metros, e a altura total, entre 1,9 e 2 metros.

Contará coa correspondente instalación eléctrica e de telecomunicacion e sinalización acústica e luminosa, segundo marcan as normas que rexen para este tipo de vehículos policiais.

O vehículo subministrarase con rotulación exterior segundo a Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se establecen os elementos de configuración externa e o deseño para o marcado e rotulación dos vehículos a disposición das policías locais e vixiantes municipais na comunidade autónoma de Galicia, publicada no DOG núm. 1 do 3 de xaneiro de 2011.

ÚLTIMAS

Suso Montero: “Gardo todas as fotos que fago, terei uns 70.000 negativos”

Jesús Rodríguez Montero, ‘Suso Montero’ para os amigos, foi traballador de Renfe e Adif...

Actuación de Regueifas o 11 de outubro en Ribas de Sil

A primeira das actividades, un obradoiro de coñecemento e de elaboración de regueifas, levouse a...

14 anos sen facer a residencia comprometida no Saviñao

Os deputados provinciais, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto ao alcalde da localidade, Carlos...

O PP de Monforte comeza o curso político orientado a buscar solucións aos problemas de abastecemento

Durante esta reunión abordáronse as principais liñas de traballo para este curso político, sendo...