Para participar neste concurso fotográfico non cómpre ser un profesional, chega con ter inquedanza pola fotografía, por retratar paisaxes do Concello de Pantón e confiar en que a imaxe realizada consiga os votos do público para acadar algún dos premios en xogo.
Aquí vos deixamos as bases que publica nas súas redes sociais a entidade Segredos de Pantón:
1. TEMÁTICA
As fotografías deben de reflexar paisaxes outonais e invernais de calquera tipo, pero sempre que sexan no dentro do Concello de Pantón.
2. PARTICIPANTES
Calquera persoa amante de Pantón e da fotografía, os menores deberán de ter unha autorización correspondente dos seus titores legais.
3. OBRAS
Cada participante poderá enviar só unha imaxe en cor, que deberá de ser autoría súa e que non fora premiada con anterioridade. De non ser así quedaría automaticamente descualificada ao sabelo e poderá retirárselle o premio de conseguilo. A temática será libre non se aceptarán fotografías pintadas ou manipuladas, montaxes, nin collages.
4. PRESENTACIÓN
Enviar por algún dos seguintes medios a súa imaxe. Por correo electrónico a segredosdepanton@gmail.com ou por teléfono (WhatsApp) ao número 662 669 223
Cómpre indicar o nome da fotografía, así como tamén o lugar e o nome da parroquia onde foron sacadas.
5. PRAZO
O prazo de envío das imaxes é do 4 ao 31 de decembro. Logo, o día 6 de xaneiro ás 17:00 horas rematará o prazo de votación.
6. XURADO
O xurado será a propia xente que vote no Doodle para que todo o mundo con redes sociais ou sen elas poidan votar.
Así igualmente tódalas imaxes serán subidas ao álbum “VI Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón”. As 3 instantáneas con máis votos serán as agraciadas. De ter un empate serán os membros do colectivo Segredos de Pantón quen desempatarán.
7. PREMIOS
1º Premio: Unha noite para 2 persoas no “Fogar do Pumar”, 1 paseo en zodiac para 2 pers. de “Turismo Pantón”, 1 bote de 1 kg de mel de “Ouro das Obreiras”, 1 lote de produtos de “Casa da Fonte”, 1 pixama de “Rosal Moda”, percorrido guiado por Pantón da man de “Galsentur”, un chaleco térmico de “Asesoría O Castro”, Pequena escultura de “El Tallercillo del Bubä” e 2 botellas de “Adega Sernande”.
2º Premio: Unha noite para 2 persoas con almorzo na “Rectoral de Castillón”, 1 pixama de “Rosal Moda”, 1 botella de “Alma das Donas”, 1 botella de “Adega Sernande”, un chaleco térmico de “Asesoría O Castro”, 1 bote de mel de “Mel da Caseira”, un vale para un xogo para 6 persoas en “El secreto del monje”, 1 bote de 1/2 kg de mel de “Ouro das Obreiras” e 1 lote de costura creativa de “FeltDecor”.
3º Premio: Unha funda para tablet ou e-book de “Teresa Lamela”, 1 lote de produtos de “O fogar dos soños”, un chaleco térmico de “Asesoría O Castro”, 3 libros + bolsa de tela da “A Libraría de Proencia”, 1 pixama de “Rosal Moda”, 1 botella de “Alma das Donas”, 1 bote de mel de “Mel da Caseira”, 1 libro de “Estudio Gnomo”, 1 bote de 1/2 kg de mel de “Ouro das Obreiras”, lote de produtos da horta de “Postoiro S.C.G.”, lote de produtos apícolas de “O Mel Garuleiro” e unha mochila-neveira + manta de picnic de “Arribeirados”.