HomesociedadeBóveda inicia o 21 de decembro a súa programación de Nadal

Bóveda inicia o 21 de decembro a súa programación de Nadal

O Concello de Bóveda presenta unha completa programación de Nadal, que comeza o día 21 de decembro co Festival de Nadal no CEIP Rosalía de Castro e remata o 5 de xaneiro coa visita dos Reis Magos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A programación de Nadal no concello de Bóveda, ábrese o 21 de decembro ás 11:30 co Festival de Nadal no Ceip Rosalía de Castro. O día 22 a partir das 20:00h terá lugar o VI Encontro de Corais, no que participarán a Coral Municipal de Bóveda e a Coral Polifónica de Guntín.

Do 26 ao 29 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro contarase con ocioteca infantil de Nadal en horario de 09:30 a 14.00 horas para nenos e nenas de entre 4 e 14 anos. A inscrición para esta actividade remata este luns, 11 de decembro. Para esta actividade que promove a conciliación familiar teñen prioridade as familiar empadroadas.

O 27 de decembro celebrarase un espectáculo de monicreques, ás 17:00, Fantoches Baj representará ‘A viaxe feliz de Ramón Sanfiz’. Xa o 29 de decembro cita co teatro a partir das 18:00; o Grupo Ubú Teatro de Lugo achega a Bóveda unha comedia para todos os públicos, “Mudanzas”.

No mes de xaneiro contarase con dúas actividades, o día 3 ás 12:00 haberá contacontos, ‘Un saco de Contos’, de Ánxeles Goás, promovido pola Mesa pola Normalización Lingüística; e o día 5 as Súas Maxestades os Reis Magos visitarán o centro sociocultural de Bóveda en horario de 16.00 a 17.00 horas. Brais Moure guiará este encontro con Melchor, Gaspar e Baltasar.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...