HomesociedadeFAC-USO Galicia recorre o proceso de selección dunha praza de auxiliar de...

FAC-USO Galicia recorre o proceso de selección dunha praza de auxiliar de clínica no concello de Sarria

Denuncia que case todas as vogais designadas non ocupan un posto de igual ou superior categoría á praza convocada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia) vén de presentar recurso de reposición contra a resolución pola que se aprobaba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no proceso de selección para a cobertura, en réxime de persoal laboral interino, dunha praza de Auxiliar de Clínica por situación de excedencia da titular e creación de bolsa de emprego.

“Incúmprese a Lei 2/2015, de emprego público de Galicia, dado que case todas as vogais designadas, pola súa categoría profesional (auxiliar gerocultor, camareira-limpadora ou recepcionista), non ocupan un posto de igual ou superior categoría á praza convocada”, asegura o sindicato.

Consideran tamén que non se cumpre un dos principios reitores dos procesos selectivos, o principio de especialidade, é dicir, a pertenza maioritaria dos membros do órgano de selección presentes na sesión ao mesmo corpo ou escala obxecto da convocatoria.

Por todo o anterior, solicitan a estimación do recurso, “retrotraendo as actuacións ao nomeamento dun novo Tribunal, e efectuar unha nova convocatoria, mediante publicación no boletín oficial da provincia” e instan á suspensión automática do procedemento, sempre que non se resolva expresamente o recurso de reposición.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...